BEBÉ BIGOTES- Álbum ILustrado Dixital

Patacrúa & Alessandra Cimatoribus


4€


Descrición

Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban con todas as súas forzas ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos, de experimentaren diversas fórmulas e mesmo de pediren a colaboración de Reis e de cegoñas, chegaron a unha conclusión: facer un fillo non é tan sinxelo. Un día a velliña tivo unha idea… Edición en Álbum Ilustrado Dixital(AID)